Roberto Carlos González Fernández

Roberto Carlos González Fernández é enxeñeiro industrial e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Dende 2004 vincula a súa actividade profesional ao sector enerxético, dende o seu inicio na Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, pasando a director técnico de instalacións de iluminación pública, fontes ornamentais, enerxías renovables e de tuneis na empresa UTE IMESAPI-FCC, concesionaria no Concello de Vigo.

Actualmente e enxeñeiro municipal no Concello de Vigo. Organizador de multitud de eventos relacionados coa enerxía, ostentou o cargo de delegado do Comite Español de Iluminación (CEI) en Galicia, e na actualidade é o delegado en Vigo do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeriros Industriais de Galicia (ICOIIG) e subdirector da revista galega de enerxía Dínamo Técnica.

Ingreso no Foro: 08/11/2017.