Fernando Blanco Silva

Fernando Blanco Silva é enxeñeiro industrial, economista e doutor en desenvolvemento sostible; ademais cursou un Máster en Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética.

É funcionario do corpo de profesores de ensino secundario (especialidade en Organización de Sistemas Enerxéticos) e do Corpo Superior de enxeñeiros industriais da Xunta de Galicia; actualmente traballa na Subdirección xeral de enerxía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

É o director da Revista galega de enerxía Dínamo Técnica dende o ano 1999 e autor de máis de cincuenta artigos científicos e divulgativos, publicados nunha decena de países.

Ingreso no Foro: 15/09/2017.