Carlos Rivas Pereda

Carlos Rivas Pereda é enxeñeiro técnico industrial (1996) e enxeñeiro en automática e electrónica industrial (1998) pola Universidade de Mondragón; ademais realizou o doutoramento en enxeñería pola Escola Politécnica Federal de Lausana, Suiza (2003).

Tras finalizar a súa tese doutoral amplía a súa experiencia en diversas empresas galegas; actualmente é o responsable do departamento de I+D+i de Electrotécnica Industrial y Naval S.L. (ELINSA).

No seu posto actual desenvolveu diferentes proxectos de I+D+i, moitos deles financiados por programas subvencionados como os FEDER, centrados en electrónica de potencia aplicada á industria e á xestión da enerxía.

Carlos Rivas ten diferentes recoñecementos como ser coinventor dunha patente, Senior Member polo IEEE, recibiu no nome de Elinsa o Premio Galicia Energía 2013 ou o recoñecemento desta empresa como PYME innovadora.

Ingreso no Foro: 15/09/2017.